27 dic 2010

MAGHÚA DESEXAMOS-VOS UN DITOSO ANO 2011!!!!


Desde o grupo de cantareiros Maghúa queremos-vos desexar a tod@s un mui ditoso ano 2011...

Para os que creades nestas festas, Bon Natal e, para os que non, muita festa!

Que a música e o baile non fallen nas vosas vidas!

Saúde!

26 oct 2010

6 de Santos, IIIª Foliada en Sada


@s amig@s de Queiroa organizan para o vindeiro dia 6 de santos (novembro), a IIIª Foliada en Sada...

Boa festa!

E nós participaremos!!!

FOLIADA DE DEFUNTOS, EN CECEBRE, O 31 DE OUTUBRO



... E Maghúa non fallaremos à cita...


A idiosincrasia galega sinala a convivencia cos seres do alén como un feito casual pero sempre natural no desenvolvemento da vida d@s galeg@s. É por isto que os GAITEIROS DE CECEBRE desexamos celebrar unha nova xornada tradicional XUNTO CON TODOS VÓS, organizando de novo unha FOLIADA para gozarmos xuntos da nosa música e baile tradicionais aproveitando a proximidade da...DATA DE DIFUNTOS...

^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^

Participade coa vosa ledicia e arte de sempre, cos vosos instrumentos e puntos de baile... AMÁIS PODEDES CONXURAR A NOITE PRESENTÁNDOVOS CUN ASPECTO QUE META O MEDO NO CORPO... ;)

¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS ESTA "TERRORIFICA" NOITE DE FOLIADA, FESTA E AMIZADE!.

*NOTAS:
-Na cervexería COLISEUM proxectarase en pantalla xigante a emisión do partido de fútbol que precede o comezo desta festa.

-Disponse de APARCADOIROS.

13 oct 2010

Maghúa tocamos en Xenevra, no IIIº Encontro Europeu de Folclore Galego, organizado por A Nosa Galiza!




Amigos e amigas!

Maghúa imos explorar novos caladoiros en terras suizas, concretamente en Xenevra. Participaremos no IIIº Encontro Europeu de Folclore Galego, organizado por A Nosa Galiza, de Xenevra...

Sala Communale de Carouge!!!!

O programa é o seguinte:

18h15 -18h45 : ACD Tordoia
18h45 - 19h15 : A Roda Lausanne
19h15 - 19h45 : Irmandade Galega Xenevra
19h45 - 20h30 : A Nosa Galiza Xenevra
20h30 - 21h00 :Sementeira de Basilea
21h00 - 22h30: Cea
22h30 - 02h00: MAGHÚA (Gaiteirada "livre" nos intermeios)- e os intermeios van ser muitos.... que hai que soprar para dentro!

Se vos cai perto, xa sabedes!

A Nosa Galiza: III Encontro Folclórico 2010 Sala Communale de Carouge

A Nosa Galiza: III Encontro Folclórico 2010 Sala Communale de Carouge

19 ago 2010

MAGHÚA NO QUEROSTAR!!


Amigos e amigas,


Se queredes botar uns bailes, acudide o vindeiro 26 de agosto à Sala the Star, en Carral.

Apartir das 23.00 participaremos no concurso Querostar. Hora e meia de baile solto e agarrado, de pandeireta e de gaita... Só fallas ti!!!

Se asistes como público, podes votar valorando a nosa actuación. Se nos segues por internete (www.querostar.com), podes valorar e comentar online....

Unha forte aperta, e obrigadiño!!!!



PD: E o sábado 28, tocamos en Covas, Viveiro!!!!

1 jul 2010

MAGHÚA, EN LUGO!


MAGHÚA tocaremos (xunto cos Festicultures) convidados pola Deputación de Lugo o vindeiro dia 29 de xullo, nos XARDINS DA DEPUTACIÓN, dentro do programa CULTURA ABERTA.

Ademais, tocarán:

Xoves 1 de xullo|Xoán Curiel|Músico autodidacta
Xoves 8 de xullo|Çesk Freixas|Cantautor
Xoves 15 de xullo|20 Hatz|Txalaparta
Xoves 22 de xullo|Katembe Project|Kuduro (Música angoleña)
Xoves 29 de xullo|Festicultores|Maghúa|Festa rachada
Xoves 5 de agosto|Carlos Blanco|Ordem e Progresso

Todos os concertos comezan às 21.00

MAGHÚA, EN CAMBRE, O 10 DE XULLO



MAGHÚA ESTAREMOS COMO CONVIDADOS NO XXIº FESTIVAL FOLCLÓRICO “AS MARIÑAS”

Terá lugar o vindeiro 10 de xullo no anfiteatro do parque da igrexa, apartir das 18.00 horas.

Compartiremos cenário cos grupos:

- Escola de Música e Baile “As Mariñas” - Cambre.
- Grupo de Danzas A.C. de Veciños de Leira - Ordes.
- Grupo de Baile Tradicional “Churria” - Zas.
- Grupo de Baile “Airiños dos Carris” - Cerdido.
- Asociación Cultural “O Palacio do Rei” - Palas de Rei.


E a colaboración do grupo de cantareiros MAGHÚA da Coruña.
DESFILE E ACTUACIÓN DOS GRUPOS ÀS 18:00 H.

MAGHÚA, NO LUAR DA TVG


O vindeiro 6 (terza-feira) Maghúa participaremos na gravación dun programa especial do LUAR, da TVG.

Poderedes-nos ver o vindeiro 16 (sexta-feira), no horário habitual...

Se queredes, ainda podedes apañar algunha invitación, no caso de que queirades asistir à dita gravación!

9 jun 2010

FOLIADA NA TIA PEPA


@s amigos GAITEIROS DE CECEBRE organizan unha tremenda foliada no restaurante-cervexaria TIA PEPA, para o vindeiro dia 18...

Maghúa somos adeptos a este grupo, tamén adictos, e estaremos ali, dando-o todo...

Animade-vos! Preparade-vos para a festa!!!

Mais info, no cartaz!

8 jun 2010

MAGHÚA EN QUEROSTAR



Grazas aos vosos votos, Maghúa chegamos à derradeira semana de votacións con posibilidades de pasar à fase final...

O noso tema "Jota e ribeirana de San Vicente de Oitavén" está a receber votos de abondo como para que podamos entrar na fase de directo do concurso, e botar unhas pezas no local Sala the Star, en Carral, durante os meses de xullo e agosto.

Pedimos-vos o voso apoio, mais unha semana...

Para isto, tedes que entrar na web www.querostar.com, e picar nos desplegábeis, para repartirdes os tres votos entre tres grupos diferentes(1º, 2º, e 3º; ollo, son necesários os 3, para non invalidar a votación!). Se optades por Maghúa, estupendo, claro...

Lembrade, unha IP, un voto/dia!!!!

Unha forte aperta maghuá e obrigdiño, amigas e amigos!!!

Está nas vosas maos que a música tradicional chegue à final do Querostar!!!!

2 jun 2010

Maghúa e Grileiros n'O PUNTAL (Os Castros, A Coruña)



O dia 12 Maghúa estaremos acompañados dos nosos amigos Os Grileiros no Puntal d´Os castros a partir das 22:00 .Ali nos vemos se queredes vir....

MAGHÚA, NO FESTIVAL DA TERRA E DA LÍNGUA (MUIÑO DE PEDROUSO, NARÓN)


O Festival da Terra e da Língua de este ano adiánta-se e decorrerá os próximos 25 e 26 de Junho, como sempre desde o 2001, no Moinho de Pedroso em Narom.

Continua:

Dez anos em galego é a legenda escolhida nesta décima ediçom, ( e já vam dez!) dedicando a temática do festival à defesa dos nossos direitos lingüísticos.

Embora o calendário de actividades nom esteja fechado, podemos adiantar parte da agenda desta décima ediçom.

Na sexta-feira, 25 de Junho, contaremos com Boj, grupo ferrolano de folque com ritmos trazidos da Irlanda, Bretanha, Escócia e como nom da Galiza; Estimaba que viñeras grupo também da nossa Comarca que mistura peças da gaita tradicional e do poemário galego com temas próprios com toques de blues; Maghúa será o grupo de cantareiros que chegarám desde as terras da Corunha para fechar o programa desta noite folque.

Na noite do sábado haverá diferentes estilos musicais para escolher. Desde o grind-core dos ferrolanos Wisdom, passando polo hip-hop do viguês KaveGz até um dos grupos mais importantes do actual panoráma musical galego: Lamatumbá.
Os de Ourense estarám em Pedroso apresentando o seu novo trabalho "A órbita da banda hipnótica".

Mas além do apartado musical completaremos esta décima ediçom com debates, o Festivalzinho para as crianças, e a exposiçom que terá como temática os dez anos de Festival.

Sem esquecermos o ámbito desportivo, haverá por segundo ano consecutivo o Campeonato de Futebol 3x3.

Nos próximos dias apresentaremos o programa completo e toda a informaçom do festival. Estai atent@s!

21 may 2010

MAGHÚA N'A REPICHOCA (A CORUÑA)


Maghúa achegaremo-nos para botar unhas pezas a este local coruñés, que tanto leva feito pola nosa música mais tradicional...

Despediremos o mes de maio apartir das 22.30, entre amigos, viño, e contigo, se queres...

11 may 2010

FOLIADA NO CRUCEIRO DE FEÁS


Vinde nenos e nenas a Foliadiña !!!

Os Azoughados toleamos de todo e agora dásenos por andar gravando maquetas, gustarianos que nos acompañarades neste azoughamento supino, hai amigos/as que xa se subiron ó carro, Grileiros e os Maghúa que nos van dar moito que facer JJJ (musicalmente falando).

Esperámosvos a todos e a todas.
Bar O Cruceiro
Igresario de Feás S/N.
Feás-Aranga-Betanzos

10 feb 2010

Maghúa no Alalá da TVG



O grupo de cantareiros Maghúa, da Asociación Cultural Maghúa, gravaremos o vindeiro venres, 26 de fevereiro, o apartado musical para a edición dun programa da série ALALÁ, emitido pola TVG.

Comezará às 17.00 na tasca A REPICHOCA, d'A Coruña, bar no que a música do País tivo e ten ampla cobertura.

Sobre as 19.00 horas terá rematada a gravación e, agardamos, haberá algo de festa.

Quixeramos contar con todos e todas vós para que botedes uns pontos durante a gravación, e para tomarmos algun grolo xuntos.

Estades todos e todas convidados e convidadas!

Unha aperta!

Maghúa na Foliada de Antroido 2010, no Forum Metropolitano


O vindeiro luns, 15 de fevereiro, Maghúa participaremos na IIª Foliada de Antroido.

Comezará às 20.00 horas e compartiremos festa con todos aqueles que vos animedes a botar unhas pezas, a bailar..., ou a papar filloas....

Unha forte aperta, e vemo-nos no FORUM METROPOLITANO!