18 dic 2008

RUADA EN SANTAIA (TORDOIA)


Xa sabedes!
Achegade-vos a Santaia de Gorgullos (Tordoia), ao bar Becerra, para desfrutar dunha noite de festa acompañados polo grupo Maghúa, polos Panxoleiros de Santaia, por Flor da Maquía e por Bouba Pandeireteiras....
Apartir das 22.00 h do 26 de natal.
Organiza A.C. Brisas do Quenllo

5 nov 2008

FOLIADA N'A CORUÑA (NOITENOVA)


Sábado 8 de novembro.


A foliada comezará ás 21:30 no frontón de Riazor coa participación activa das asociacións da cidade: Xacarandaina, Iar, Arestora, Donaire, Cántigas da Terra e co grupo convidado Tátara Trio.


En representación do Grupo de Bailes Populares IAR participaremos Maghúa cantareiros.



Vide botar un baile!!!

27 oct 2008

I Foliada Queiroa, en Sada


Maghúa apoia esta iniciativa, e participaremos na foliada livre que se desenvolverá o sábado 1...

27 jun 2008

ENTREVISTA A MAGHÚA (En O PARDAO, A REVISTA DE CULTURA GALEGA)

Que é Maghúa?
Maghúa somos un grupo de mozos interesados en recuperar e transmitir unha pequena porción de tradición do País। Comezamos hai un ano, sendo un grupo de cantareiros, só voz e pandeireta। A dia de hoxe tamén nos adicamos a tocar como grupo de gaitas। Estamos avanzando na formación de charanga, incorporando requinta e saxo soprano. Somos cus inquedos…
Por que Maghúa?
Maghúa, na zona do Morrazo, é unha das formas nas que a xente do mar chama a un banco de peixe. Nós (Dario, Tito, Davide, Dáni, Sérxio, David, Ángel e Rafa) somos uns bos peixes, co que o nome xa estaba atopado. Como ocorre coas maghúas da Galiza, a maré da emigración arrastrou-nos a Martiño a Valéncia… A mocidade galega segue emigrando. Agardamos que volte pronto.
Como comezou a vosa andaina na música tradicional? E como grupo?
Pola via dos grupos folclóricos nos que estivemos. Alguns de nós comezamos a tocar, ben a pandeireta ou ben outros instrumentos tradicionais, por mor dos cursos de baile que impartimos. Sempre resulta mui útil defender-se con algun destes instrumentos. Alguns fomos a aulas, outros somos autodidactas… Hai un pouco de todo.
Onde recebestes a vosa formación como músicos tradicionais?
Xa queda un pouco dito coa pregunta anterior. A maioria de nós pertencemos ao Grupo de Bailes Populares IAR, d’A Coruña. Nesta asociación é na que nos curtimos, ainda que xa aprenderamos noutras agrupacións…
Como funcionades à hora de traballar? É dicer…,seguides algun tipo de procedimento?
Si, o proceso pode reducir-se ao seguinte esquema: primeiro recollemos o material dos nosos maiores (sempre traballamos con material recollido); nun segundo paso, logo de escuitarmos detidamente o material, facemos unha selección de posíbeis pezas para interpretar e, unha vez decididas as que imos incorporar ao noso repertório, toca ensaiar e ensaiar, e ensaiar… De algo non resultar, tentamos outras cousas. O que teña que sair, sairá… Tomamos con calma o traballo. Non temos présas. Todos aportamos o que podemos.
Vivedes da música ou é unha actividade de lecer? Pode-se viver hoxe da música tradicional galega?Na Galiza mui pouca xente vive directamente da música tradicional. Si hai xente que imparte cursos, e vive con iso. Xente que viva da tradición, si que hai, porén, persoas que vivan do seu grupo de música tradicional, hai ben poucas.
En que momento se atopa a música galega? E, concretamente a música tradicional?
A música galega sempre estivo en bon momento. Na Galiza sempre houbo criatividade de sobra, en todo tipo de estilos musicais.Ao fio da cuestión da música tradicional, vivemos un novo “boom” de grupos e ideias. Pensamos que falla un pouco o mercado, que volve estar saturado, como hai uns anos. O que si hai son grupos de muitísima cualidade.
Explicádeme un pouquiño como é un concerto de Maghúa…
Hai un pouco de todo। Un pouco de música de pandeireta, un pouco de música de gaita, un chisco de humor, un muito de baile… Nós tocamos para que a xente o pase ben, para que baile। Todos somos bailadores, e sabemos que a xente que pode ir a unha actuación dun grupo como o noso o que quer é bailar e divertir-se… Tocamos solto, porén non falla o agarrado, que hai que fregar-se...
Tedes pensado editar algun disco no mercado?
Imos de vagar. Temos os pés ben chantados no chao. Non temos présa nese sentido. Editaremos algunha maqueta a meio prazo, xa que muitas veces é unha das opcións para atopar actuacións…
Actuastes xa fóra da Galiza? Cando poderemos gozar dun concerto voso en Barcelona?
Actuamos nun povo de Estremadura, chamado Cedillo (Cáceres), mui perto da raia co Portugal. En Barcelona? Cando nos chamedes, claro… Estariamos encantados de vir tocar aquí. Hai muita xente en grupos, muitos amigos, e muito interese pola tradición galega. Estaria ben, sen dúbida.
Que obxectivos tedes para o futuro?Traballar…!!Seguiremos avanzando na cuestión da charanga que estamos a montar, e temos unha série de actuacións pendentes…Para o futuro, traballo e mais traballo (sen esquecermos a festa…)।

24 jun 2008

Por aqui andamos....

Xa levamos dando a murga desde hai case que dous anos, asi que... era cuestión de tempo que acabaramos criando un blogue destes...

Somos un grupo de cantareiros da vila d'A Coruña, en Galiza.

Neste espazo acabaremos colgando fotos, comentários, datas de actuacións, histórias várias que nos ocorran...

Enfin, vide connosco....