29 nov 2011

MAGHÚA NO VIIIº DIA DO ORGULLO GAITEIRO, O 3 DE NATAL


Para chegar,

http://www.redescena.net/escenarios/ficha.php?id=1943

Entre outras actuacións está a nosa, prevista para as 19.00.

No local de Aixiña, CEA GAITEIRA, apartir das 22.00 horas (para reservar no emílio gabelairas@yahoo.es ou no telefone 654173524

O menu da CEA GAITEIRA deste ano: sopa de cocido, cocido, bica, viños, refrescos, licores.

Logo, festa, até que o corpo aguante!!!

PROGRAMA COMPLETO:


No Auditorio de Ourense, Rúa da Canle

12:00-13:00 ANTÓN CASTRO “De contar e de cantar”

Todos os públicos. Cantares de cego, con zanfona, monicreques e xoguetes musicais

16:00-18:00 LUME NA PALLEIRA, Emisión do programa da Radio Galega con Emilio Españadero, e concerto en directo do grupo tradicional Os Terribles de Donas

18:15-19:00 Sesión de cantos de cego

19:00-19:15 ACTO DE HOMENAXE:

A JOSÉ LUIS CALLE, autor do libro “Aires d´a Terra. La poesía Musical de Galicia”, que recuperou a memoria do primeiro Coro Galego, e aos
CEGOS MÚSICOS, na persoa de Dª. CONCHA DACAL PEAGUDA, filla pequena do CEGO DA GÁNDARA.

19:15-20:00 Actuación do grupo MAGHÚA

20-21 Concerto de RADIO COS

Programación guiada por Carlos Rafael

Á NOITE: CEA – FESTA (22.30h)

No local de AIXIÑA (Finca Sevilla s/n, á beira doPaco Paz); Prezo: 20 € (15 € alumnos e socios AOFT Gomes Mouro).

MAGHÚA NOS SERÁNS DO SARELA, O 1 DE NATAL


SERÁNS DO SARELA
Xoves 1 de decembro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)

“Seráns en Compostela agora no Sarela!”
Chega o último serán do ano!

Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro a cargo de Alexandre Sotelino (Castro Floxo e Rebulir)
22h30 . Retrouso de Ouzande
23h15 . Devotos do Folclore
24h00 . Maghúa
01h00 . Foliada ata que o corpo aguante!

Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!

23 nov 2011

MAGHÚA NA FOLIADA DO LAR, O 25 DE SANTOS



Venres ás 22:00 - Sábado ás 3:00

CAFETARIA O LAR, AS PONTES (XUNTO AO CAMPO DE FÚTBOL D'O POBOADO)
RÚA DO EUME, S/N, AS PONTES

Maghúa participamos este vindeiro venres nas Foliadas do Lar, n'As Pontes.

Chamados polo grupo OS FEROCES DA GALGUEIRA, compartiremos cenário con CATALMIBRE (CULLEREDO) e coa asociación organizadora.

Logo das actuacións dos tres grupos, foliada livre até que o corpo aguante!

15 nov 2011

MAGHÚA NO FESTIVAL D'OS ALEGRES (PONTE VEDRA)



O vindeiro 26 de santos (novembro)Maghúa participamos no festival organizado por Os Alegres de Ponte Vedra.

Maghúa tocaremos tres pezas (meio estrea dunha delas):

- Muiñeira de Saa (Santa Mariña de Pescoso, Rodeiro, PO)
- Cantar de voda e moliñeira de Balouta (Candin, LE)
- Añas de Aboal (Mondariz, PO)

Participaremos:

- MAGHÚA
- OS KE HAI
- MAIANAS
- QUODLIBET
- O REGATO DE MATAMULLERES
- SALAMÁNTEGA
- OS ALEGRES


Serán homenaxeados, ao longo do dito festival:

- ANTÓN CORRAL
- XAQUIN MÍGUEZ
- LAUREANO MERA
- JUAN M. GONZÁLEZ