10 feb. 2010

Maghúa no Alalá da TVG



O grupo de cantareiros Maghúa, da Asociación Cultural Maghúa, gravaremos o vindeiro venres, 26 de fevereiro, o apartado musical para a edición dun programa da série ALALÁ, emitido pola TVG.

Comezará às 17.00 na tasca A REPICHOCA, d'A Coruña, bar no que a música do País tivo e ten ampla cobertura.

Sobre as 19.00 horas terá rematada a gravación e, agardamos, haberá algo de festa.

Quixeramos contar con todos e todas vós para que botedes uns pontos durante a gravación, e para tomarmos algun grolo xuntos.

Estades todos e todas convidados e convidadas!

Unha aperta!

2 comentarios:

gelen222 dijo...

Gustounos moitísimo o programa!! noraboa!

gelen222 dijo...

E falo en nome da Asoc. Cultural Camiño Real, de Poulo.

Saúdos Maghúa!