Mostrando entradas con la etiqueta Maghúa Certame Actuacións Cantareiros Foliada. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maghúa Certame Actuacións Cantareiros Foliada. Mostrar todas las entradas

13 mar 2011

MAGHÚA NO BARRICAS FOLK ROCK 2011!



ALi estaremos Maghúa, que botamos a correr xa durante estes meses!

Vide a Corneira! Festa todo o dia (e toda a noite)!!!

MAGHÚA NO FESTIVAL VAL DA MAIA!!!!


O vindeiro 19, Maghúa estaremos en Bertamiráns, participando no IIIº Festival Val da Maia 2010!


Xunto cos amigos: Tirabeque, Os Alegres, Follas Novas, Verdegaio, Os Abrentes de Cerdedo e Maianas....

Às 20.00 h., na Aula da Cultura de Bertamiráns (entrada, de balde).


AIRE!!!!

26 oct 2010

6 de Santos, IIIª Foliada en Sada


@s amig@s de Queiroa organizan para o vindeiro dia 6 de santos (novembro), a IIIª Foliada en Sada...

Boa festa!

E nós participaremos!!!

FOLIADA DE DEFUNTOS, EN CECEBRE, O 31 DE OUTUBRO



... E Maghúa non fallaremos à cita...


A idiosincrasia galega sinala a convivencia cos seres do alén como un feito casual pero sempre natural no desenvolvemento da vida d@s galeg@s. É por isto que os GAITEIROS DE CECEBRE desexamos celebrar unha nova xornada tradicional XUNTO CON TODOS VÓS, organizando de novo unha FOLIADA para gozarmos xuntos da nosa música e baile tradicionais aproveitando a proximidade da...DATA DE DIFUNTOS...

^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^

Participade coa vosa ledicia e arte de sempre, cos vosos instrumentos e puntos de baile... AMÁIS PODEDES CONXURAR A NOITE PRESENTÁNDOVOS CUN ASPECTO QUE META O MEDO NO CORPO... ;)

¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS ESTA "TERRORIFICA" NOITE DE FOLIADA, FESTA E AMIZADE!.

*NOTAS:
-Na cervexería COLISEUM proxectarase en pantalla xigante a emisión do partido de fútbol que precede o comezo desta festa.

-Disponse de APARCADOIROS.

9 jun 2010

FOLIADA NA TIA PEPA


@s amigos GAITEIROS DE CECEBRE organizan unha tremenda foliada no restaurante-cervexaria TIA PEPA, para o vindeiro dia 18...

Maghúa somos adeptos a este grupo, tamén adictos, e estaremos ali, dando-o todo...

Animade-vos! Preparade-vos para a festa!!!

Mais info, no cartaz!

21 may 2010

MAGHÚA N'A REPICHOCA (A CORUÑA)


Maghúa achegaremo-nos para botar unhas pezas a este local coruñés, que tanto leva feito pola nosa música mais tradicional...

Despediremos o mes de maio apartir das 22.30, entre amigos, viño, e contigo, se queres...

11 may 2010

FOLIADA NO CRUCEIRO DE FEÁS


Vinde nenos e nenas a Foliadiña !!!

Os Azoughados toleamos de todo e agora dásenos por andar gravando maquetas, gustarianos que nos acompañarades neste azoughamento supino, hai amigos/as que xa se subiron ó carro, Grileiros e os Maghúa que nos van dar moito que facer JJJ (musicalmente falando).

Esperámosvos a todos e a todas.
Bar O Cruceiro
Igresario de Feás S/N.
Feás-Aranga-Betanzos

10 feb 2010

Maghúa na Foliada de Antroido 2010, no Forum Metropolitano


O vindeiro luns, 15 de fevereiro, Maghúa participaremos na IIª Foliada de Antroido.

Comezará às 20.00 horas e compartiremos festa con todos aqueles que vos animedes a botar unhas pezas, a bailar..., ou a papar filloas....

Unha forte aperta, e vemo-nos no FORUM METROPOLITANO!