28 nov 2012

Maghúa no DésConcerto Expansivo d'A Burla n'A Coruña

O vindeiro sábado, 1 de natal, cumpren-se dez anos desde a convocatória do Concerto Expansivo pola Marea da Dignidade contra a ignonímia que supuxo o afundimento do Prestige…. Co gallo deste aniversário o colectivo A Burla convoca o DésConcerto Expansivo de xeito simultaneo en locais de todo o País, Galiza, que padeceu en própria carne o desastre… Maghúa participaremos no DésConcerto que A Burla organiza n’A Coruña, no local A Repichoca (Orillamar 13), que, unha vez mais, cede as suas instalacións pola defensa do que é de noso…. 22.00 horas, o vindeiro sábado 1 de decembro…. Contra a desfachatez, PAGARÁS BAILANDO!!

27 nov 2012

MAGHÚA - ENTREVISTADOS EN MÚSICA EN GALEGO!

musicaengalego: ENTREVISTA A MAGHUA: Maghúa son un grupo afincado na vila d’A Coruña formado por catro homes…. Por que esta formación? No mundo da pandeireta as raiñas son as ...

15 nov 2012

MAGHÚA NA CASA DAS CRECHAS E OUTRAS HISTÓRIAS....

Amigos e amigas, esta semana vai ser un inferno...., ironicamente falando...., porque Maghúa, encantados estamos....

- A vindeira terza-feira (martes 20), Maghúa tocaremos por primeira vez na Casa das Crechas (Compostela) apartir das 22.30 horas. 

- A vindeira sexta-feira (venres, 23), apresentaremos o noso Corricán no LUAR da TVG. 

- A fin de semana do 24 e o 25, Maghúa levamos áncora e collemos singradura cara Madrid.  O 24 apartir das 22.00 h., apresentamos na Posada del Diablo (Avenida de Madrid 2, Alcalá de Henares); e o 25, apartir das 12.00 horas, botaremos unhas parolas e unhas pezas na Livraria Tenda Galega Aturuxo (C/Vallehermoso, 104, en Madrid). E, antes de marcharmos, cocidón (xantado, claro...) madrileño!


Para mais adiante e, a curtísimo prazo...:

- Dia 6 de decembro,  apresentamos o Corricán no LAR do Real Coro Toxos e Froles, Ferrol, xunto con dous grupos mais (iremos informando).

- Os dias 8 e 9 de decembro achegaremos a cultura do País a Valladolid. Iremos informando, por suposto!


O dito, PAGARÁS BAILANDO!!!!!

8 nov 2012

MAGHÚA EN LUME NA PALLEIRA (RG)

Recén desembarcados da nosa faena por mares de Vigo, faremos unha paraxe técnica no caladoiro Lume na palleira (RG) este vindeiro sábado, 10 de novembro. Ondas do mar, ondas electromagnéticas... para apresentarmos o Corricán!!!

O programa Lume na palleira, da mao do amigo (e grande músico!) Emílio Españadero, leva anos valendo pola música tradicional do País e, como prévia ao noso paso polo programa, fixeron apresentación do noso Corricán o pasado sábado, 3 de novembro (estando nós por terras Catalegas, en Barcelona!)

http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/lume-na-palleira

Arrrrr, mariñeiros!!!!


6 nov 2012

MAGHÚA, LAGHARTEIRAS E ABÓBRIGA EN MATAMÁ (VIGO)

Maghúa compartiremos unhas cervexas, cenário, baile e risas coas amigas de Lagharteiras e cos amigos de Abóbriga esta vindeira sexta-feira, 9 de novembro, na Taberna Rianxeira (Devesa, 25, Matamá - VIGO).

Apartir das 22.30 h, e até que o corpo aguante!!!