8 jun 2010

MAGHÚA EN QUEROSTAR



Grazas aos vosos votos, Maghúa chegamos à derradeira semana de votacións con posibilidades de pasar à fase final...

O noso tema "Jota e ribeirana de San Vicente de Oitavén" está a receber votos de abondo como para que podamos entrar na fase de directo do concurso, e botar unhas pezas no local Sala the Star, en Carral, durante os meses de xullo e agosto.

Pedimos-vos o voso apoio, mais unha semana...

Para isto, tedes que entrar na web www.querostar.com, e picar nos desplegábeis, para repartirdes os tres votos entre tres grupos diferentes(1º, 2º, e 3º; ollo, son necesários os 3, para non invalidar a votación!). Se optades por Maghúa, estupendo, claro...

Lembrade, unha IP, un voto/dia!!!!

Unha forte aperta maghuá e obrigdiño, amigas e amigos!!!

Está nas vosas maos que a música tradicional chegue à final do Querostar!!!!

No hay comentarios: