29 dic 2009

VI Certame Galego de Cantares de Reices en Boimorto, o 3 do I de 2010



O Concello de Boimorto promove por sexto ano consecutivo o certame Cantares de Reis o día 3 de Xaneiro de 2010.

Participantes: Cuadrillas (ata un máximo de 20 participantes) que se inscriban no Concello antes do 24 de Decembro de 2009.

Desenvolvemento: Comezará ás 16:30h e cada cuadrilla participante deberá interpretar un Cantar de Reis cunha duración que non sobrepase os 5 minutos.

Premios:
Primeiro premio: 1.000 €
Segundo premio: 500 €
Dous terceiros premios: 300 € cada un
Cuarto premio: 200 €
Quinto premio: 100 €

21 dic 2009

Mañá, 22 de decembro, botamos os Reis n'A Coruña


http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=75974

Mañá Maghúa botamos os Reis no Forum Metropolitano, n'A Coruña.

- Cantar dos Reis de Barro de Arén (Cerdedo, Ponte Vedra), recollido aos veciños no Teleclube de Barro.

- Cantar de Reices de San Xosé (Orientais) de Santaia de Moar (Frades, A Coruña), do repertório de Ricardo Lagares (+)

O dia 26 cantamos os Reis en Cambados



@s amig@s da Asociación Volandeira de Cambados teñen organizado un Certame de Cantar de Reis para o vindeiro 26 de decembro. Terá lugar o vindeiro sábado às 19.30 h no Auditório de Cambados. Logo haberá serán!!!

Ali estaremos:

· MAGHÚA D´A CORUÑA
· XIRIFEIROS DE CARRIL
· ASOCIACIÓN CULTURAL NÓS DE SOBRADELO
· CARBALLEIRAS DE CAMBADOS
· ASOCIACIÓN VOLANDEIRA DE CAMBADOS

23 nov 2009

Magosto da Fuliada, Betanzos. 28 de novembro



@s amig@s da Asociación A Fuliada, de Betanzos, están a preparar con cariño o que será o seu Iº Magosto, para o dia 28 de novembro...

Música, castañas, viño, baile... Todo, no campo da Feira!

Aire!

26 oct 2009

O 7 de novembro, festa en Sada




Mentres Maghúa botamos o serán en Couso, @s amig@s da A.C. Queiroa, organizan a IIª Foliada en Sada. Apartir das 20.00, na Praza Suárez Picallo.

Haberá concurso de baile por parellas....

Xa sabedes, no caso de non andardes por Couso...

O 7 de novembro, Maghúa na Festa do Outono (Couso, A Estrada)



Apartir das 21.00 horas... Festa!

Maghúa estaremos neste encontro, en Couso (A Estrada), compartindo merenda e viño novo cos amigos...

Vide!!!

Estaremos MAGHÚA ,OS KE HAI, REGATO DE MATAMULLERES,
RETROUSO, VILARACHOS, PANDEIROMUS, PANDERETEIROS DE BRINCADEIRA,
XENTES DE MONDARIZ E PAZOS, BOUBA PANDERE...TEIRAS, ARDENTÍA e A PONTE VELLA.
Gran serán con boa música, bo baile, castañas asadas, cogumelos e todo mollado con viño novo. Festa a partir das 21:00h ata a mañanciña.

E para os festeiros que non queiran coller o coche despois da festa, poden QUEDAR A DURMIR na ESCOLA NOVA, o carón do Campo da Festa.

10 sept 2009

Maghúa en Cecebre e no Campo da Leña (A Coruña)


Maghúa estaremos os dias 18 e 19 deste mes de setembro en dous actos importantes:

- I FOLIADA DO VERÁN EN CECEBRE

Organizado por: Gaiteiros de Cecebre de Pedro Lamas
Onde: Baixos da CASA DA XUVENTUDE DE CECEBRE: cervexería O Rincón.
Cando: Venres, 18 de Setembro dende as 21:30 até as 6:00


- FESTIVAL DA LÍNGUA

Organizado por: CS Atreu!
Onde: Campo da Leña(A Coruña)
Cando: Sábado, 19 de Setembro dende as 17:00 até as 1:00
Haberá feira de produtos ecolóxicos, animación de rua, serán tradicional e concerto (A QUENLLA, FRACASADOS DE ANTEMANO, DIOS KE TE KREW...)


AVANTE, MAGHÚA!!!

E, agora que somos case asociación.... que se prepare o mundo...!!!

19 ago 2009

Aberto de Billarda e Ruada n'A Pontraga (Tordoia)


Logo de pasarmos un frio do quince tocando en Lardeiros, na Noite Folc d'O Pino; no encontro de Emigrantes celebrado na piscifactoria A Berxa en Mesia; e por Poulo...


...Maghúa estaremos no Aberto de Billarda e Ruada que organizan os amigos da Asociación Cultural Brisas do Quenllo na Pontraga (Tordoia), para este sábado 22 de agosto.

Programa:

17:00. Aberto de Billarda
- Contos con Celso Sanmartín
- Churrascada.

19:00 Ruada coa actuación de:
- Bailadores e Cantadores da Pontraga,
- Bouba Pandereteiras
- Maghúa
- Flor da Maquía
-...

23 jul 2009

MAGHÚA EN BERXA, MESIA, O 31 DE XULLO


Maghúa achegaremo-nos por Mesia o 31 de xullo para botar unhas cantadas na piscifactoria Berxa, apartir das 22.00 h.

Música e cea en boa compaña!


Avante, Maghúa!

7 jul 2009

O DOMINGO 12, EN POULO


Recuperados xa da inxesta de callos na Conrobla...

Este domingo participamos no festival que Camiño Real organiza en Poulo, Ordes.

Terá lugar apartir das 4 da tarde...

Fechamos o dito festival.

Vide!!!!

3 jun 2009

SEREMOS ASOCIACIÓN!!!!!



Desde o grupo Maghúa queremos facer-vos partícipes dunha nova que achamos importante...: SEREMOS ASOCIACIÓN!!

Suporá-nos mais traballo, se cabe, sobre todo de papeleo, porén de cara a termos unha proxección e mais posibilidades, virá-nos ben...


AVANTE, MAGHÚA!!!!!

7 may 2009

Manguelo Folc





Eis o cartaz do Manguelo.

Ali estaremos Maghúa, entre todos estes grupazos.... (vid infra, por info)

22 e 23 de maio en Orazo (A Estrada)

AIRE!

23 abr 2009

Maghúa

Este sábado, turné Melide - Ramirás



Maghúa participaremos no Iº Certame de cantos de taberna que se organiza en Melide, dentro do programa da V Foliada. Terá lugar o sábado 25.

Polo serán andaremos por Ramirás, en Ourense, na IIIª Noite de Fiadeiro que organizan Rebulir.

AIRE!!!!

21 abr 2009

Maghúa, no Manguelo Folk '09



@s amig@s da A.S.C. Coto Manguelo, de Orazo, andan a argallar o qeu será o VIº Festival Manguelo Folk. Terá lugar os dias 22 e 23 de maio. O venres 22, IIIº Manguelo Mestizo, e o sábado 23, VIº Manguelo Folk (no que tomaremos parte Maghúa).


Estes son os horários das provas de son e das actuacións previstas...:


III MANGUELO MESTIZO 22 de maio


Provas:
de 20:00 a 20:45h GALEGOZ
de 21:00 a 21:45h TRIQUEL
de 22:00 a 22:45h OS JOHN DEERES


Actuacións:
de 23:00 a 00:00 OS JOHN DEERES
de 00:15 a 01:15 TRIQUEL
de 01:30 a 02:30 GALEGOZ
Entre grupos : THE MAGNIFIQUE BANDE



VI MANGUELO FOLK 23 de maio


Provas:
de 15:00 a 15:45h PRADAIRO
de 16:00 a 16:45h ARDENTÍA
de 17:00 a 17:45h OS CARUNCHOS
de 18:00 a 18:45h REGATOS DE MATAMULLERES


Actuacións:
de 19:00 a 19:20h XUNTANZA DOS REGATOS
de 19:20 a 19:35h LILAILA
de 19:35 a 20:05h ABRENTE DO FOXO
de 20:05 a 20:50h MAGO TETO
de 20:50 a 21:35h MAGHÚA
de 21:35 a 22:05h ASC. NÓS DE SOBRADELO
de 22:05 a 22:35h TRIOLIRO REGUEIFEIROS
Ata as 23:00h Entrega de agasallos do concurso de debuxo
de 23:00 a 00:00h REGATOS DE MATAMULLERES
de 00:15 a 01:15h OS CARUNCHOS
de 01:30 a 02:30h ARDENTÍA
de 02:45 a PRADAIRO
Durante os tempos mortos animarán OS LARPEIROS


O esforzo da organización será recompensado...


Hai que ir!!!

14 abr 2009

E antes, o domingo 19, concurso A.X. Xiradela


Antes de pasarmos por terras de Melide e Ramirás, pasaremos por Arteixo.


Nesta décima edición, o concurso organizado pola A.X. Xiradela contará con dúas sesións:
1ª Ás 11:00 h da mañá para as categorías A e C.
2ª Ás 16:30 h da tarde para as categorías B e D.
No Centro Cívico Cultural de Arteixo.



ORDE DE ACTUACIÓN CONCURSO PANDEIRETA


CATEGORÍA A

O´BELCHO da ARCD San Martín de Razo: Mazurcas de Mondariz (Mondariz)
ESTRALOTES da AC Nemeth: Canto de Penavaqueira e Pasodoble de Xoane (Melón e Carballo)
CHUCHAMEL da A.X. Xacarandaina: Palmira e Muiñeira da Pereira (Toutón e Santa Comba)
TEIRÓN da ARCD San Martín de Razo: Muiñeira e Rumba de Estramil (Laracha)
CANTARUXEIRAS da AC Donaire: Canto, Mazurca e Punteada de Corcoesto (Cabana de Bergantiños)
XOLDA da AVC San Miguel de Oia: Serán de Toutón (Mondariz)
XEIXO BRANCO da ARCD de San Martín de Razo: Cantar e Pasodoble da Barreira (Laracha)
QUINTÁN da ANPA do CEIP Mondego de Sada: Maneo e Muiñeira de Lendo (Laracha)
XENREIRA da AF San Lourenzo de Agualada: Muiñeira e Pasodoble de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)



CATEGORÍA B

FARRAPO da AF San Lourenzo de Agualada: Serán de San Cibrán de Riberteme (As Neves)
MORAZÓN da AMDT Queiroa Mondego: Serán en San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes)
MENIÑAS do Grupo de Pandereteiras Tarambainas: Maneo e Empuñada de Silván (Coristanco)
AC NÓS: Jota e Muiñeira de San Salvador (Santa Comba)
REBULDEIRAS da AC Donaire: Ruada de Güín (Bande)
TAULIÑAS da AC Nemeth: Canto, Jota e Muiñeira de Negreira de Vilamaior (Santa Comba)
GRUPO A da AC A Ponte Vella: Jota e Muiñeira de Boudañeira (Dumbría)
MAIOLA da AC Virxe da Saleta de Silván: Pandeiretada de San Salvador (Santa Comba)
PANDERETEIRAS do Castromao: Xota da Pedreira e Chiqui chiqui (Mondariz)
PEDRAVIXÍA da AC Adro de Baio: Ruada de San Salvador (Santa Comba)
GRUPO C da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos: Jota e Muiñeira de Barro de Arén (Cerdedo)







CATEGORÍA C

1. ARNELA da AMDT Queiroa Mondego: Serán en Cortellas (Soutomaior)
2. AXEITADIÑAS da AC Donaire: Serán de Pereiras (Lira- Salvaterra do Miño)
3. XEIRA Agrup. Fol. San Lourenzo de Agualada: Pandeiretada de Berdeogas
( Berdeogas- Dumbría)
4. TARAMBAINAS da AVCD Lavadores: Jota e Ribeirana de Freixeiro ( Santa Comba)
5. Grupo A da AC Raigañas de Cerqueda: Ruada de Xirazga (Beariz)
6. Grupo B de Muiñeira Cantigas e Agarimos: Agarrado, Jota e muiñeira de Liñares (Avión)
7. XABREDO da AC Virxen da Saleta de Silván: Pandeiretada de Xende (Silva- Cerceda)
8. TAÍN da AC Adro de Baio: Cantareas de Silván ( Coristanco)

CATEGORÍA D

1. BOUBA da AC Brisas do Quenllo: Entruido en Sofán (Carnota)
2. ABELEIRA da AVCR de Zamáns: Pandeiretada en Tordoia ( Cabaleiros e Anxeriz- Tordoia)
3. TREBELLOS da AX Regueifa: Rúa de Magán (Magán- Cuntis)
4. LUADA AC Queiroga: Serán de Mourelle (Mondariz)
5. ACIBECHE do CEIP Salgado Torres: Pandeiretada de Santa Sabina ( Santa Comba)
6. PANDERETEIRAS da AC Rosalía de Castro: Ruada de Mangoeiro (Avión)
7. LUCEIRO da ACF o Fiadeiro: Serán de Mondariz (Mondariz)
8. ALEIVOSÍA da ADC Fogo Fatuo: Xota, Muiñeira e Danza de Arcos ( Mazaricos)
9. MOZOS da RONDA da AC Donaire: Canto, Maneo e Muiñeira de Calvos (Rus- Carballo)
10. GRUPO A da Escola de Muiñeira Cantigas e Agarimos: Serán en San Vicente de Oitavén ( Fornelos de montes)
11. URDIME da ACF o Fiadeiro: Serán de Guillade de arriba (Ponteareas)
12. RIDEIRAS da AC Xacarandaina: Serán na Ermida (Pazos de Borbén)
13. GRIALIA: Xota e Muiñeira de Carcacía (Padrón)
14. AS CHANEIRAS: Canto de Cabaleiros de Piñeiro de Silavares. Jota e Muiñeira de Caión (Tordoia e Laracha)
15. VELAÍ VEN da AC Donaire: Canto de Magán e Jota e Muiñeira de Sobre da Cova (Cuntis e A Estrada)
16. LILAINA da AC O Castro: Pandeiretada de Vilaverde de Cereo (Coristanco
17. NÉVEDAS da AC Arume de Verdillo: Pandeiretada de Meanos (Zas)
18. Pandereteiras OS MUIÑOS DE OLIVEIRA: Canto, Maneo e Muiñeira de Erbecedo (Coristanco)
19. MAGHÚA: Pandeiretada de Xirazga (Beariz)
20. Pandereteiras do Castromao: Canto de Castromao, Xota das Pedras e Muiñeira de Sabaxáns (Mondariz)
21. XAÍNDA da ACF O Fiadeiros: Pandeiretada de Cabaleiros ( Tordoia)

13 abr 2009

IIIª NOITE DE FIADEIRO EN RAMIRÁS, OURENSE


Maghúa estaremos na IIIª Noite de Fiadeiro que andan a argallar os amigos de Rebulir en Ramirás.

Haberá sorteos, baile, música... e carpa, por se acaso.

Comezo anunciado por foguetes.

Antes, pasarrúas pola vila.

Unide-vos à festa!


25 de abril, SEMPRE!

AIRE!!!

Para mais info: www.rebulir.blogspot.com

3 abr 2009

Este venres 3 de abril, Maghúa participaremos na Ruada que a A.C. Brisas do Quenllo están a argallar en Cavaleiros, Tordoia.

Participan:

- Flor da Maquia.
- Pandeireteiros d'A Pontraga.
- Pandeireteiras de Anxeriz.
- Banda de Lesta.

Apartir das 22.00 h na Sala Calviño, Tordoia.

AIRE!!!!

9 mar 2009

MAGHÚA NA EOI DE FERROL. VENRES 13, 19.00


Dentro das Xornadas Culturais que organiza a Escola Oficial de Idiomas de Ferrol para os dias 11, 12 e 13 de marzo de 09, a música tradicional ten acollida.


O grupo de cantareiros MAGHÚA tocaremos o venres 13, apartir das 19.00 horas, no salón de actos da dita EOI. (RÚA REAL 29, FERROL).


A entrada, de balde.


A ligazón para o programa das xornadas é:http://www.eoiferrol.org/documentos/xornadas2009.pdf



Podedes vir botar un baile...


AVANTE, MAGHÚA!!!


AIRE!!!

26 feb 2009

PRIMEIRO SEMESTRE DE 2009...


- 23 de fevereiro, no FORUM METROPOLITANO, A Coruña.

- 13 de marzo, ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS, Ferrol.

- 19 de abril, CONCURSO DE XIRADELA, Arteixo.

- 25 e 26 de abril, FOLIADA DE MELIDE., o sábado ao meiodia participamos nós.

- 25 de abril, IIIª NOITE DE FIADEIRO, en RAMIRÁS, Ourense (organiza Rebulir).

- 17 de maio, CONCURSO FEGALCAT, Barcelona (ainda por oficializar a data).

- 23 de maio, MANGUELO FOLC, Orazo.

- 19 de xuño, ENCONTRO DE PANDEIRETEIRAS no Centro Social d'O Castiñeiriño, Compostela.


Isto, a falla de confirmar unha série de actuacións.

E o que xurda....

25 feb 2009


Foliada Forumfolk 09.


O Concello da Coruña celebra, dentro do ciclo "Forum folk '09", unha Foliada de Entroido na que asociacións da cidade porán a música para facer bailar a todos/as os que se acheguen polo Forum Metropolitano o vindeiro luns de entroido, día 23 de febreiro, a partir das 21:00 da noite.Animádevos a participar nesta festa do folclore galego, achégate a bailar, a cantar, a aprender, a mirar.... ao que queiras, pero sobre todo a desfrutar da nosa tradición.Esta é a orde de participación dos grupos de música e as pezas que interpretarán. Lembrade tamén que despois da "sección oficial" haberá máis música improvisada.Saúdos e luuuuuuuuume!!!!


1. Os Gaiteiriños - Cantiga Mareira- Foliada de Pontevedra


2. Queiroa - Muiñeira Cabaleira - Serán en Toutón


3. Eidos - Forricallo- Xota de Beigondo


4. Cántigas da Terra - Foliada de Viascón (Popular)- Foliada de Meira (Popular)


5. Maghúa cantareiros - Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes), composto por xota, ribeirana e valse- Pandereitada de Xirazga (Beariz, Ourense), composta por xota e muiñeira


6. Donaire - Pandereitada de Calvos (Rus, Carballo)- Rúa de Painceiros (Campo Lameiro, Pontevedra)


7. Alén do mar - Xota recollida en Riotorto- Muiñeira dos cinco de Galicia


8. Arestora - pendente - pendente


9. Xasteirazo (Círculo de Actividades de Tempo Libre de Xacarandaina) - Heicho de dar queridiña!! - Polca dos Areeiras.



Logo, o serán será libre.

5 ene 2009


Maghúa cantareiros vén de gañar o sexto premio do Concurso de Cantares de Reices celebrado onte, 4 de xaneiro, en Boimorto.


Nesta quinta edición participaron vintedous grupos, moitos deles da comarca de Boimorto, terras onde a tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva.


O concurso desenvolveuse na explanada do campo do Rosario, con gran participación de xente.


Dende aqui quero felicitar tamén ás rapazas de Tordoia polo terceiro premio. Noraboa.


Avante MAGHÚA!