26 oct 2010

FOLIADA DE DEFUNTOS, EN CECEBRE, O 31 DE OUTUBRO



... E Maghúa non fallaremos à cita...


A idiosincrasia galega sinala a convivencia cos seres do alén como un feito casual pero sempre natural no desenvolvemento da vida d@s galeg@s. É por isto que os GAITEIROS DE CECEBRE desexamos celebrar unha nova xornada tradicional XUNTO CON TODOS VÓS, organizando de novo unha FOLIADA para gozarmos xuntos da nosa música e baile tradicionais aproveitando a proximidade da...DATA DE DIFUNTOS...

^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^

Participade coa vosa ledicia e arte de sempre, cos vosos instrumentos e puntos de baile... AMÁIS PODEDES CONXURAR A NOITE PRESENTÁNDOVOS CUN ASPECTO QUE META O MEDO NO CORPO... ;)

¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS ESTA "TERRORIFICA" NOITE DE FOLIADA, FESTA E AMIZADE!.

*NOTAS:
-Na cervexería COLISEUM proxectarase en pantalla xigante a emisión do partido de fútbol que precede o comezo desta festa.

-Disponse de APARCADOIROS.

No hay comentarios: