26 oct 2010

6 de Santos, IIIª Foliada en Sada


@s amig@s de Queiroa organizan para o vindeiro dia 6 de santos (novembro), a IIIª Foliada en Sada...

Boa festa!

E nós participaremos!!!

FOLIADA DE DEFUNTOS, EN CECEBRE, O 31 DE OUTUBRO



... E Maghúa non fallaremos à cita...


A idiosincrasia galega sinala a convivencia cos seres do alén como un feito casual pero sempre natural no desenvolvemento da vida d@s galeg@s. É por isto que os GAITEIROS DE CECEBRE desexamos celebrar unha nova xornada tradicional XUNTO CON TODOS VÓS, organizando de novo unha FOLIADA para gozarmos xuntos da nosa música e baile tradicionais aproveitando a proximidade da...DATA DE DIFUNTOS...

^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^ ^..^

Participade coa vosa ledicia e arte de sempre, cos vosos instrumentos e puntos de baile... AMÁIS PODEDES CONXURAR A NOITE PRESENTÁNDOVOS CUN ASPECTO QUE META O MEDO NO CORPO... ;)

¡QUEDADES TOD@S CONVIDAD@S PARA COMPARTIRMOS XUNTOS ESTA "TERRORIFICA" NOITE DE FOLIADA, FESTA E AMIZADE!.

*NOTAS:
-Na cervexería COLISEUM proxectarase en pantalla xigante a emisión do partido de fútbol que precede o comezo desta festa.

-Disponse de APARCADOIROS.

13 oct 2010

Maghúa tocamos en Xenevra, no IIIº Encontro Europeu de Folclore Galego, organizado por A Nosa Galiza!




Amigos e amigas!

Maghúa imos explorar novos caladoiros en terras suizas, concretamente en Xenevra. Participaremos no IIIº Encontro Europeu de Folclore Galego, organizado por A Nosa Galiza, de Xenevra...

Sala Communale de Carouge!!!!

O programa é o seguinte:

18h15 -18h45 : ACD Tordoia
18h45 - 19h15 : A Roda Lausanne
19h15 - 19h45 : Irmandade Galega Xenevra
19h45 - 20h30 : A Nosa Galiza Xenevra
20h30 - 21h00 :Sementeira de Basilea
21h00 - 22h30: Cea
22h30 - 02h00: MAGHÚA (Gaiteirada "livre" nos intermeios)- e os intermeios van ser muitos.... que hai que soprar para dentro!

Se vos cai perto, xa sabedes!

A Nosa Galiza: III Encontro Folclórico 2010 Sala Communale de Carouge

A Nosa Galiza: III Encontro Folclórico 2010 Sala Communale de Carouge