26 feb 2009

PRIMEIRO SEMESTRE DE 2009...


- 23 de fevereiro, no FORUM METROPOLITANO, A Coruña.

- 13 de marzo, ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS, Ferrol.

- 19 de abril, CONCURSO DE XIRADELA, Arteixo.

- 25 e 26 de abril, FOLIADA DE MELIDE., o sábado ao meiodia participamos nós.

- 25 de abril, IIIª NOITE DE FIADEIRO, en RAMIRÁS, Ourense (organiza Rebulir).

- 17 de maio, CONCURSO FEGALCAT, Barcelona (ainda por oficializar a data).

- 23 de maio, MANGUELO FOLC, Orazo.

- 19 de xuño, ENCONTRO DE PANDEIRETEIRAS no Centro Social d'O Castiñeiriño, Compostela.


Isto, a falla de confirmar unha série de actuacións.

E o que xurda....

25 feb 2009


Foliada Forumfolk 09.


O Concello da Coruña celebra, dentro do ciclo "Forum folk '09", unha Foliada de Entroido na que asociacións da cidade porán a música para facer bailar a todos/as os que se acheguen polo Forum Metropolitano o vindeiro luns de entroido, día 23 de febreiro, a partir das 21:00 da noite.Animádevos a participar nesta festa do folclore galego, achégate a bailar, a cantar, a aprender, a mirar.... ao que queiras, pero sobre todo a desfrutar da nosa tradición.Esta é a orde de participación dos grupos de música e as pezas que interpretarán. Lembrade tamén que despois da "sección oficial" haberá máis música improvisada.Saúdos e luuuuuuuuume!!!!


1. Os Gaiteiriños - Cantiga Mareira- Foliada de Pontevedra


2. Queiroa - Muiñeira Cabaleira - Serán en Toutón


3. Eidos - Forricallo- Xota de Beigondo


4. Cántigas da Terra - Foliada de Viascón (Popular)- Foliada de Meira (Popular)


5. Maghúa cantareiros - Serán de San Vicente de Oitavén (Fornelos de Montes), composto por xota, ribeirana e valse- Pandereitada de Xirazga (Beariz, Ourense), composta por xota e muiñeira


6. Donaire - Pandereitada de Calvos (Rus, Carballo)- Rúa de Painceiros (Campo Lameiro, Pontevedra)


7. Alén do mar - Xota recollida en Riotorto- Muiñeira dos cinco de Galicia


8. Arestora - pendente - pendente


9. Xasteirazo (Círculo de Actividades de Tempo Libre de Xacarandaina) - Heicho de dar queridiña!! - Polca dos Areeiras.



Logo, o serán será libre.