29 dic. 2009

VI Certame Galego de Cantares de Reices en Boimorto, o 3 do I de 2010



O Concello de Boimorto promove por sexto ano consecutivo o certame Cantares de Reis o día 3 de Xaneiro de 2010.

Participantes: Cuadrillas (ata un máximo de 20 participantes) que se inscriban no Concello antes do 24 de Decembro de 2009.

Desenvolvemento: Comezará ás 16:30h e cada cuadrilla participante deberá interpretar un Cantar de Reis cunha duración que non sobrepase os 5 minutos.

Premios:
Primeiro premio: 1.000 €
Segundo premio: 500 €
Dous terceiros premios: 300 € cada un
Cuarto premio: 200 €
Quinto premio: 100 €

21 dic. 2009

Mañá, 22 de decembro, botamos os Reis n'A Coruña


http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=75974

Mañá Maghúa botamos os Reis no Forum Metropolitano, n'A Coruña.

- Cantar dos Reis de Barro de Arén (Cerdedo, Ponte Vedra), recollido aos veciños no Teleclube de Barro.

- Cantar de Reices de San Xosé (Orientais) de Santaia de Moar (Frades, A Coruña), do repertório de Ricardo Lagares (+)

O dia 26 cantamos os Reis en Cambados



@s amig@s da Asociación Volandeira de Cambados teñen organizado un Certame de Cantar de Reis para o vindeiro 26 de decembro. Terá lugar o vindeiro sábado às 19.30 h no Auditório de Cambados. Logo haberá serán!!!

Ali estaremos:

· MAGHÚA D´A CORUÑA
· XIRIFEIROS DE CARRIL
· ASOCIACIÓN CULTURAL NÓS DE SOBRADELO
· CARBALLEIRAS DE CAMBADOS
· ASOCIACIÓN VOLANDEIRA DE CAMBADOS