24 may. 2011

Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO - MÓDULO: GAITA GALEGA



Dentro do Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO, que se celebrará no antigo cárcere provincial d'A Coruña o vindeiro 25 de xuño, temos módulo de GAITA GALEGA, a cárrego do músico DAVID BELLAS GARCÍA.


O prezo é de 35 euros por persoa, mais 9 se queres xantar no restaurante ROMA II (fronte à Torre de Hércules. O módulo terá unha duración de 8 horas (de 10 a 14 e de 16 a 20 h.)

Eis o PROGRAMA:

- Análise de música tradicional aplicada à interpretación

- Fundamentos básicos da música tonal e a sua importáncia na interpretación

- A articulación, a ornamentación e a sua aplicación dende unha visión musical

- Ferramentas para a articulación (posición de silenzo e os seus diferentes usos non só como un corte abrupto)

- Preparación do instrumento (diferentes elementos) segundo o repertório
a) Punteiro (preparación da palleta)
b) Bordóns (Volume, timbre, etc)

- Afinación:
1. Os tons diferenciais.
a) Recoñecimento auditivo
b) Exercizos básicos sen mudar o diferencial
c) Traballo con diferente número de gaitas
d) Traballo con diferentes intervalos
e) Liña melódica dos diferenciais
f) Interrelación entre a interpretación/composición e os tons diferenciais
2. Afinación dos diferentes elementos sonoros
3. Diferenzas entre tocar con bordóns ou sen eles
4. Afinación de sons en horizontal (liñas melódicas) e vertical (bloques acórdicos)
5. A série de Harmónicos e a sua repercusión na formación de acordes.
6. Afinación de bloques acórdicos:
a) Xerarquias dentro do acorde
b) Duas gaitas (diferentes intervalos)
c) Acordes tríadas
d) Acordes cuatríadas
7. Relación entre o volume e o timbre coa afinación en grupos de gaitas.
8. Peculiaridades propias do instrumento: conicidade moi pronunciada, diferentes posicións para cada son, instrumento moi agudo…e a sua relación co repertório.

- Introdución à técnica expandida
a) Medios furados
b) Dedos oitavadores
c) Posicións nos diferentes rexistros
d)Harmónicos e notas reais

- introdución aos diferentes repertórios para gaita ademais da mús. Trad. Galega.

- Exercizos tanto individuais como en grupos para experimentar o falado no curso.

• Tódolos contidos especificados serán tratados dende unha óptica puramente práctica


Para mais información e solicitude de preinscrición:
maghua.cantareiros@gmail.com / 696607342

No hay comentarios: