24 may 2011

Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO - MÓDULO: BAILE GALEGO



Dentro do Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO, que se celebrará no antigo cárcere provincial d'A Coruña o vindeiro 25 de xuño, temos módulo de BAILE GALGO, a cárrego de MONTSE RIVERA CRESPO.


O prezo é de 35 euros por persoa, mais 9 se queres xantar no restaurante ROMA II (fronte à Torre de Hércules. O módulo terá unha duración de 8 horas (de 10 a 14 e de 16 a 20 h.)

Eis o PROGRAMA:

Nestas xornadas presentaremos 2 obxectivos:

• Traballar a técnica e a concepción do baile solto no concello de Folgoso do Courel.
• Crear un espazo de diálogo e intercambio de opinións sobre o que entendemos por
baile tradicional.

Contamos cunha sesión de 8h.

MAÑÁ
10:00h a 11:30h Aprenderemos os puntos e pasos de distintas aldeas do
Courel, tanto en muiñeira como xota, así como as coreografías
e regras que rexen o baile na zona.
11:30h a 11:45h Descanso
11:45h a 13:00h Montaxe dunha muiñeira e dunha xota que nos permita poñer
en práctica o aprendido na primeira hora e media.
13:30h a 14:00h Charla con proxección de anacos de recollidas de Folgoso do
Courel.

TARDE
16:00h a 17:45h Repaso do aprendido ao longo da mañá. Comezaremos a
traballar o terceiro ritmo solto que atopamos no courel “a
carballesa”.
17:45h a 18:00h Descanso
18:00h a 19:00h Montaremos unha carballesa.
19:00h a 20:00h Intercambio de opinións e exposición de dúbidas dentro do
baile tradicional

Para mais información e solicitude de preinscrición:
maghua.cantareiros@gmail.com / 696607342

No hay comentarios: