13 may 2011
Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO (25 de xuño)
Prezado/a amigo/a,
Desde a Asociación Cultural Maghúa convidamos-te a participar no Iº OBRADOIRO MAGHÚA DE FOLCLORE GALEGO.
Organizado pola A.C. Maghúa coa colaboración da Deputación d'A Coruña e o Concello d'A COruña, através da Concellaria de Cultua.
Orientado ao nível de PERFECCIONAMENTO, constará de catro módulos:
- BAILE GALEGO, impartido por Montse Rivera.
- GAITA GALEGA , impartido por David Bellas.
- PERCUSIÓN TRADICIONAL, Lola Fernández.
- CANTO TRADICIONAL, impartido por Xabier Díaz.
Celebrará-se o dia 25 de xuño de 2011, sábado, no marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, co seguinte horário:
Mañá: 10 a 14 e Tarde: 16 a 20.
Cada módulo terá un custo de 35 euros.
Para mais info, ou para solicitar inscrición (as prazas serán limitadas) podes escrever ao email da asociación (maghua.cantareiros@gmail.com), ou ben poñer-te en contacto co celular 696607342.
Estamos a procurar un restaurante no que, por un prezo ainda mais popular que o dos obradoiros, poidamos xantar todos e todas baixo o mesmo teito.
Recebe un cordial saúdo,
Davide Leira,
Presidente da A.C. Maghúa
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario