13 may 2011

CLAUSURA FÓRUM FOLK 2011, 25 de xuño




Prezado/a amigo/a,


Desde a Concellaria de Cultura do Concello d’A Coruña encarregaron à Asociación Cultural Maghúa a organización da clausura do Fórum Folk 2011.

Que mellor xeito que facendo unha boa festa xunto co resto dos grupos e asociacións da nosa vila e arredores?

Dispoñemos do marco incomparábel do antigo Cárcere provincial d’A Coruña, situado fronte à Torre de Hércules.

A idea é despedir o Fórum Folk cunha FOLIADA no pátio do edificio, e para isto queremos contar contigo, co teu grupo, no desenvolvimento da mesma.

Precisamos confirmes a vosa posibilidade e intención de participar (o antes posíbel), e tamén cantos grupos puideran tocar na tarima instalada ao efeito, con vistas a irmos clarificando os horários de actuación.

Haberá refrixério e petiscos para os grupos participantes, por suposto, e muita festa. Haberá surpresas, como sempre! Só fallas ti!!!

Por favor, comunicade-vos ao respeito co email da asociación (maghua.cantareiros@gmail.com), ou através do celular 696607342.

Recebe un cordial saúdo,


Davide Leira,
Presidente da A.C. Maghúa

No hay comentarios: