13 abr 2010
10 feb 2010
Maghúa no Alalá da TVG


O grupo de cantareiros Maghúa, da Asociación Cultural Maghúa, gravaremos o vindeiro venres, 26 de fevereiro, o apartado musical para a edición dun programa da série ALALÁ, emitido pola TVG.
Comezará às 17.00 na tasca A REPICHOCA, d'A Coruña, bar no que a música do País tivo e ten ampla cobertura.
Sobre as 19.00 horas terá rematada a gravación e, agardamos, haberá algo de festa.
Quixeramos contar con todos e todas vós para que botedes uns pontos durante a gravación, e para tomarmos algun grolo xuntos.
Estades todos e todas convidados e convidadas!
Unha aperta!
Maghúa na Foliada de Antroido 2010, no Forum Metropolitano
29 dic 2009
VI Certame Galego de Cantares de Reices en Boimorto, o 3 do I de 2010

O Concello de Boimorto promove por sexto ano consecutivo o certame Cantares de Reis o día 3 de Xaneiro de 2010.
Participantes: Cuadrillas (ata un máximo de 20 participantes) que se inscriban no Concello antes do 24 de Decembro de 2009.
Desenvolvemento: Comezará ás 16:30h e cada cuadrilla participante deberá interpretar un Cantar de Reis cunha duración que non sobrepase os 5 minutos.
Premios:
Primeiro premio: 1.000 €
Segundo premio: 500 €
Dous terceiros premios: 300 € cada un
Cuarto premio: 200 €
Quinto premio: 100 €
21 dic 2009
Mañá, 22 de decembro, botamos os Reis n'A Coruña

http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=75974
Mañá Maghúa botamos os Reis no Forum Metropolitano, n'A Coruña.
- Cantar dos Reis de Barro de Arén (Cerdedo, Ponte Vedra), recollido aos veciños no Teleclube de Barro.
- Cantar de Reices de San Xosé (Orientais) de Santaia de Moar (Frades, A Coruña), do repertório de Ricardo Lagares (+)
O dia 26 cantamos os Reis en Cambados

@s amig@s da Asociación Volandeira de Cambados teñen organizado un Certame de Cantar de Reis para o vindeiro 26 de decembro. Terá lugar o vindeiro sábado às 19.30 h no Auditório de Cambados. Logo haberá serán!!!
Ali estaremos:
· MAGHÚA D´A CORUÑA
· XIRIFEIROS DE CARRIL
· ASOCIACIÓN CULTURAL NÓS DE SOBRADELO
· CARBALLEIRAS DE CAMBADOS
· ASOCIACIÓN VOLANDEIRA DE CAMBADOS
23 nov 2009
Magosto da Fuliada, Betanzos. 28 de novembro
26 oct 2009
O 7 de novembro, festa en Sada
O 7 de novembro, Maghúa na Festa do Outono (Couso, A Estrada)

Apartir das 21.00 horas... Festa!
Maghúa estaremos neste encontro, en Couso (A Estrada), compartindo merenda e viño novo cos amigos...
Vide!!!
Estaremos MAGHÚA ,OS KE HAI, REGATO DE MATAMULLERES,
RETROUSO, VILARACHOS, PANDEIROMUS, PANDERETEIROS DE BRINCADEIRA,
XENTES DE MONDARIZ E PAZOS, BOUBA PANDERE...TEIRAS, ARDENTÍA e A PONTE VELLA.
Gran serán con boa música, bo baile, castañas asadas, cogumelos e todo mollado con viño novo. Festa a partir das 21:00h ata a mañanciña.
E para os festeiros que non queiran coller o coche despois da festa, poden QUEDAR A DURMIR na ESCOLA NOVA, o carón do Campo da Festa.
10 sept 2009
Maghúa en Cecebre e no Campo da Leña (A Coruña)

Maghúa estaremos os dias 18 e 19 deste mes de setembro en dous actos importantes:
- I FOLIADA DO VERÁN EN CECEBRE
Organizado por: Gaiteiros de Cecebre de Pedro Lamas
Onde: Baixos da CASA DA XUVENTUDE DE CECEBRE: cervexería O Rincón.
Cando: Venres, 18 de Setembro dende as 21:30 até as 6:00
- FESTIVAL DA LÍNGUA
Organizado por: CS Atreu!
Onde: Campo da Leña(A Coruña)
Cando: Sábado, 19 de Setembro dende as 17:00 até as 1:00
Haberá feira de produtos ecolóxicos, animación de rua, serán tradicional e concerto (A QUENLLA, FRACASADOS DE ANTEMANO, DIOS KE TE KREW...)
AVANTE, MAGHÚA!!!
E, agora que somos case asociación.... que se prepare o mundo...!!!
19 ago 2009
Aberto de Billarda e Ruada n'A Pontraga (Tordoia)

Logo de pasarmos un frio do quince tocando en Lardeiros, na Noite Folc d'O Pino; no encontro de Emigrantes celebrado na piscifactoria A Berxa en Mesia; e por Poulo...
...Maghúa estaremos no Aberto de Billarda e Ruada que organizan os amigos da Asociación Cultural Brisas do Quenllo na Pontraga (Tordoia), para este sábado 22 de agosto.
Programa:
17:00. Aberto de Billarda
- Contos con Celso Sanmartín
- Churrascada.
19:00 Ruada coa actuación de:
- Bailadores e Cantadores da Pontraga,
- Bouba Pandereteiras
- Maghúa
- Flor da Maquía
-...
23 jul 2009
MAGHÚA EN BERXA, MESIA, O 31 DE XULLO
7 jul 2009
O DOMINGO 12, EN POULO
3 jun 2009
SEREMOS ASOCIACIÓN!!!!!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






