Maghúa tocaremos durante a IV Xornada de Cutura Popular que organizan os amigos da asociación Berros do Castro, de San Sadurniño....! Vide desfrutar do que é de noso! A EXPOSICIÓN Exposición de instrumentos de percusión antigos. Coa colaboración do obradoiro de Xosé Tuñas OBRADOIRO DE MÚSICA... Ideas novas para ritmos vellos: Introdución aos ritmos galegos O docente: Xosé Lois Romero Presentación: ás 10.00 h. Contidos: de 10.30 a 13.30 h e de 16.00 a 19.00 h. Obxectivo: Aportar ferramentas creativas para intérpretes de percusión tradicional a partir dos motivos rítmicos básicos (muiñeira, xota, pasodobre, polca, rumba,...). Cunha duración de 6 horas, o obradoiro está dirixido a todo tipo de instrumentos de percusión, dándose especial atención á concertación de todos eles e a interpretación en grupo. O curso será eminentemente práctico. Inscricións Límite de prazas: 15 participantes. Prezo do obradoiro: 12€ en concepto de reserva e material didáctico. Prazo límite para a inscrición: 25 de setembro Información e inscricións: berrosdocastro@gmail.com 669 795 418 | 626 140 798 CONCERTOS (a partir das 20.00 h. Abertos e gratuitos) Suso Vaamonde & Xosé Lois Romero Cantareiros “Maghúa” “Os Feroces da Galgueira” |
24 sept 2012
MAGHÚA NA IV XORNADA DE CULTURA POPULAR (SAN SADURNIÑO)
3 sept 2012
MAGHÚA NO XORNAL "EL PAÍS"
Logo de rematarmos de gravar o que será o noso primeiro traballo discográfico, que será editado este outono, de tocar na Festa da Carballeira de Zas, e de colaborar no traballo do cantor Sapoconcho, eis unha ligazón ao artigo que nos adicaron no xornal "El País" (Ed. Galiza).
Unha forte aperta, e grazas a todos e todas polo apoio!!!
13 jun 2012
MAGHÚA NA XUNTANZA VECIÑAL DE CULLEREDO
Maghúa (sempre nos poñen mal o nome....) acompañaremos a Alén do Mar e Os Cempés na Xuntanza Veciñal, que terá lugar en Culleredo o vindeiro sábado, 16 de xuño....
Vide botar uns puntos e papar nas sardiñas, que teñen prezos anticrise!!!!
Parque de Acea de Amá, apartir das 19 horas.
Vide botar uns puntos e papar nas sardiñas, que teñen prezos anticrise!!!!
Parque de Acea de Amá, apartir das 19 horas.
6 jun 2012
MAGHÚA NAS FESTAS DE SAN PEDRO (COMPOSTELA)
O vindeiro xoves, 28 de xuño, Maghúa compartiremos cartaz, e seguramente algun gintonic, cos amigos de Os Modernos e Ardentia, dentro das festas do bairro de San Pedro (Compostela).
Anima-te, que vai pagar a pena!!!!
Anima-te, que vai pagar a pena!!!!
18 may 2012
MAGHÚA NO BARRICAS FOLK ROCK (8 DE XUÑO)
MAGHÚA NO BARRICAS FOLK ROCK (8 DE XUÑO)
Logo de tocarmos no Encontro de pandeireta galega e asturiana en Corcubión, de pasarmos pola Festa de primavera do bairro compostelán de San Pedro, de irmos de troula polo casco vello da capital cos Cantos de Taverna organizado polos Muiñeiros d'O Sarela.... Nestes dias, se cadra, gravaremos algo (...) e iremos preparando a nosa participación no IIº Barricas Folk Rock, que terá lugar n'O Milladoiro, entre o 8 e o 9 de xuño...
Vaia cartaz, de luxo, calquera dos dous dias (e, por suposto, o dia que tocamos nós). Asi dá gosto tocar, con esa compaña!
Logo de tocarmos no Encontro de pandeireta galega e asturiana en Corcubión, de pasarmos pola Festa de primavera do bairro compostelán de San Pedro, de irmos de troula polo casco vello da capital cos Cantos de Taverna organizado polos Muiñeiros d'O Sarela.... Nestes dias, se cadra, gravaremos algo (...) e iremos preparando a nosa participación no IIº Barricas Folk Rock, que terá lugar n'O Milladoiro, entre o 8 e o 9 de xuño...
Vaia cartaz, de luxo, calquera dos dous dias (e, por suposto, o dia que tocamos nós). Asi dá gosto tocar, con esa compaña!
20 abr 2012
MAGHÚA NO XII ENCONTRO DE PANDEIRETA GALEGA E ASTURIANA (CORCUBIÓN)

O vindeiro sábado 21 de Abril, festa rachada e convivencia astur-galaica na Costa da Morte. Será de volta na fermosa vila de Corcubión (A Coruña), na Fisterra galega.
Vide tod@s compartir anacos de cultura entre pobos curmáns, da man das pelicas e ferreñas e dos cantos ancestrais das nosas cantadeiras, que nos botarán a beillar e a troulear deica o nacer do día.
Programa.
-20,30h. Recibimento no Hotel-Restaurante As Hortensias de Corcubión, no lugar de Quenxe.
-21,00h. Cea-confraternización a base de produtos do país (mexillóns ao vapor, empanada, pescada ao forno, bo viño da terra, postre, café con “jotas e muiñeiras”...).
-23,30h. Actuación dos grupos:
-Menaxatruá cuartetu (Asturies).
-Maghúa pandereteiros (A Coruña-Galiza).
-Ao remate, festa rachada deica a alborada (cando menos!!).
Ademais, contaremos coa participación sorpresa dunhas tocadoras moi especiais... que non volo conten, hai que vivilo!!!
Inscricións.
-Chamando ao propio Hostal As Hortensias, teléfono 981 747 584.
Prezos.
-Cea máis concertos: 20 Euros. Socios U.P. Corcubión: 18 Euros.
-Cea máis aloxamento n’As Hortensias: 40 Euros.
Máis información.
-Susana (UP Corcubión): 652 628 538.
-Guillerme (Transeu-Gz): 657 209 731.
-E-mail: xuntanzatranseu@gmail.com
Organiza: Colectivo Transeu e Universidade Popular de Corcubión.
Colabora: Complexo Turístico As Hortensias.
19 mar 2012
MAGHÚA NA FESTA DO MILLO CORVO (MEIRO, BUEU)

XIV ENCONTRO DEGUSTACIóN DO MILLO CORVO
[13-03-2012]
A Asociación Cultural de Meiro (Bueu) organiza o XIV ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO, festa declarada de INTERÉS TURÍSTICO DE GALICIA no ano 2009.
Esta celebración de artesanía agroalimentaria é a culminación anual dun ciclo de traballo a prol da recuperación deste millo escuro que celebra nesta edición o seu décimo cuarto ano.
• VENRES 23 DE MARZO: MUIÑADA
Onde: Muíño da Presa (Canudo, Meiro - Bueu)
Hora: 10:00 horas e ó longo de toda a xornada.
Pola noite actuacións de música tradicional.
Ás 12:00 da noite Conxuro e queimada a cargo de Seso "de Pancho".
Degustación e venda: sopas de cabalo cansado, torresmos, chourizos...
• SÁBADO 24 DE MARZO
19:00 - Representación didáctica: "Os instrumentos pobres e cantos de labor" a cargo de Xabier Blanco.
19:00 - ECOTABERNA: Elaboración de diferentes tapas e pratos elaborados con millo corvo.
21:00 - Festival “A PAN DE MILLO”
Actuación da escola de música tradicional
Grupo infantil de pandeireta "Lembranzas da Ría" (Cangas do Morrazo)
Actuación do grupo de cantareiros "Maghua" (A Coruña)
• DOMINGO 25 DE MARZO
XIV ENCONTRO DEGUSTACIÓN DO MILLO CORVO
o 11:30 - Apertura das carpas gastronómica e de artesanía.
o 12:00 - Presentación da publicación A Lingua do Corvo.
o 12:30 - Lectura do pregón a cargo de Constantino Armesto (Catedrático de Física e Química e divulgador científico)
o Firma de carteis do millo corvo a cargo do autor Luis Davila
o 12:45 - Actuación do grupo de pandereteiras "Trébede" (Marín)
o 17:00 - Obradoiro infantil: xogos tradicionais (aros, zancos, esfolagatos...etc)
o 17:30 - Charla-coloquio: "O Cambio social 1950-2000 en Galicia: nenos, mulleres e homes"
Ponente: Manuel Pérez Rúa (sociólogo)
o 18:30 - Presentación divulgativa do movemento internacional Slow Food (alimentos de excelencia gatronómica, conservación da biodiversidade, información filosofía slow)
o 20:00 - Actuación da charanga "Trébede"
o 21:00 - Actuación do grupo "Pardal na Rúa"
o AO LONGO DE TODO O DÍA:
• ECOTABERNA: Elaboración de diferentes receitas elaboradas co millo corvo. Venta de alimentos da aldea.
• Degustación de pratos elaborados co millo corvo.
• Obradoiros artesanais. Demostracións ao vivo:
- Obradoiro de reciclaxe: Dkañitas
- Obradoiro de cestería: Cestos do gran
- Obradoiro de follaco: Cebos para pesca
• Roteiros guiados aos muíños do Canudo (Meiro – Bueu).
• Proxección de vídeo “Rexurdir do millo corvo. Testemuña dunha tradición”.
• Exposición etnográfica.
23 feb 2012
MAGHÚA NO LUAR (SEXTA-FEIRA, 24 DE FEVEREIRO)
23 ene 2012
MAGHÚA NO PROGRAMA LUME NA PALLEIRA DO PASADO 14 DE REIS
Eis o programa Lume na Palleira, na edición do 14 de reis de 2012, no que participamos Maghúa (na 2ª hora).
http://www.crtvg.es/rg/podcast/lume-na-palleira-lume-na-palleira-do-dia-14-01-2012-214870
http://www.crtvg.es/rg/podcast/lume-na-palleira-lume-na-palleira-do-dia-14-01-2012-214870
12 ene 2012
MAGHÚA NO PROGRAMA LUME NA PALLEIRA
Esta semana é a de Maghúa nos meios de comunicación.... Logo de sairmos no programa da TVG "A Solaina" o luns 9 e o mércores 11....
O vindeiro sábado, dia 14, Maghúa teremos un oco no programa LUME NA PALLEIRA.
Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares. Conducido por Emilio Españadero.
A dinámica do programa inclúe música en directo, entrevistas, presentacións de discos, información de concertos e festivais e, sempre que é posible, o contacto directo cos oíntes a través do teléfono e da internet.
Hora de emisión: de 16 a 18 horas.
29 nov 2011
MAGHÚA NO VIIIº DIA DO ORGULLO GAITEIRO, O 3 DE NATAL

Para chegar,
http://www.redescena.net/escenarios/ficha.php?id=1943
Entre outras actuacións está a nosa, prevista para as 19.00.
No local de Aixiña, CEA GAITEIRA, apartir das 22.00 horas (para reservar no emílio gabelairas@yahoo.es ou no telefone 654173524
O menu da CEA GAITEIRA deste ano: sopa de cocido, cocido, bica, viños, refrescos, licores.
Logo, festa, até que o corpo aguante!!!
PROGRAMA COMPLETO:
No Auditorio de Ourense, Rúa da Canle
12:00-13:00 ANTÓN CASTRO “De contar e de cantar”
Todos os públicos. Cantares de cego, con zanfona, monicreques e xoguetes musicais
16:00-18:00 LUME NA PALLEIRA, Emisión do programa da Radio Galega con Emilio Españadero, e concerto en directo do grupo tradicional Os Terribles de Donas
18:15-19:00 Sesión de cantos de cego
19:00-19:15 ACTO DE HOMENAXE:
A JOSÉ LUIS CALLE, autor do libro “Aires d´a Terra. La poesía Musical de Galicia”, que recuperou a memoria do primeiro Coro Galego, e aos
CEGOS MÚSICOS, na persoa de Dª. CONCHA DACAL PEAGUDA, filla pequena do CEGO DA GÁNDARA.
19:15-20:00 Actuación do grupo MAGHÚA
20-21 Concerto de RADIO COS
Programación guiada por Carlos Rafael
Á NOITE: CEA – FESTA (22.30h)
No local de AIXIÑA (Finca Sevilla s/n, á beira doPaco Paz); Prezo: 20 € (15 € alumnos e socios AOFT Gomes Mouro).
MAGHÚA NOS SERÁNS DO SARELA, O 1 DE NATAL

SERÁNS DO SARELA
Xoves 1 de decembro (21:30h)
Discoteca O Sarela (Rúa da Codeseira de Vidán, Compostela)
“Seráns en Compostela agora no Sarela!”
Chega o último serán do ano!
Quen vén tocar esa noite?
21h30 . Obradoiro a cargo de Alexandre Sotelino (Castro Floxo e Rebulir)
22h30 . Retrouso de Ouzande
23h15 . Devotos do Folclore
24h00 . Maghúa
01h00 . Foliada ata que o corpo aguante!
Máis información
www.seransencompostela.org
seranscompostela@gmail.com
FACEBOOK: Seráns en Compostela
Como sempre foron... Serán!
23 nov 2011
MAGHÚA NA FOLIADA DO LAR, O 25 DE SANTOS

Venres ás 22:00 - Sábado ás 3:00
CAFETARIA O LAR, AS PONTES (XUNTO AO CAMPO DE FÚTBOL D'O POBOADO)
RÚA DO EUME, S/N, AS PONTES
Maghúa participamos este vindeiro venres nas Foliadas do Lar, n'As Pontes.
Chamados polo grupo OS FEROCES DA GALGUEIRA, compartiremos cenário con CATALMIBRE (CULLEREDO) e coa asociación organizadora.
Logo das actuacións dos tres grupos, foliada livre até que o corpo aguante!
15 nov 2011
MAGHÚA NO FESTIVAL D'OS ALEGRES (PONTE VEDRA)

O vindeiro 26 de santos (novembro)Maghúa participamos no festival organizado por Os Alegres de Ponte Vedra.
Maghúa tocaremos tres pezas (meio estrea dunha delas):
- Muiñeira de Saa (Santa Mariña de Pescoso, Rodeiro, PO)
- Cantar de voda e moliñeira de Balouta (Candin, LE)
- Añas de Aboal (Mondariz, PO)
Participaremos:
- MAGHÚA
- OS KE HAI
- MAIANAS
- QUODLIBET
- O REGATO DE MATAMULLERES
- SALAMÁNTEGA
- OS ALEGRES
Serán homenaxeados, ao longo do dito festival:
- ANTÓN CORRAL
- XAQUIN MÍGUEZ
- LAUREANO MERA
- JUAN M. GONZÁLEZ
6 oct 2011
MAGHÚA NO PROGRAMA LUAR DA TVG (7 DE OUTUBRO DE 2011)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




