Mostrando entradas con la etiqueta Maghúa Cantareiros Meios Lume na Palleira. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Maghúa Cantareiros Meios Lume na Palleira. Mostrar todas las entradas

8 nov 2012

MAGHÚA EN LUME NA PALLEIRA (RG)

Recén desembarcados da nosa faena por mares de Vigo, faremos unha paraxe técnica no caladoiro Lume na palleira (RG) este vindeiro sábado, 10 de novembro. Ondas do mar, ondas electromagnéticas... para apresentarmos o Corricán!!!

O programa Lume na palleira, da mao do amigo (e grande músico!) Emílio Españadero, leva anos valendo pola música tradicional do País e, como prévia ao noso paso polo programa, fixeron apresentación do noso Corricán o pasado sábado, 3 de novembro (estando nós por terras Catalegas, en Barcelona!)

http://www.crtvg.es/rg/podcast/programa/lume-na-palleira

Arrrrr, mariñeiros!!!!


23 ene 2012

MAGHÚA NO PROGRAMA LUME NA PALLEIRA DO PASADO 14 DE REIS

Eis o programa Lume na Palleira, na edición do 14 de reis de 2012, no que participamos Maghúa (na 2ª hora).


http://www.crtvg.es/rg/podcast/lume-na-palleira-lume-na-palleira-do-dia-14-01-2012-214870




12 ene 2012

MAGHÚA NO PROGRAMA LUME NA PALLEIRA


Esta semana é a de Maghúa nos meios de comunicación.... Logo de sairmos no programa da TVG "A Solaina" o luns 9 e o mércores 11....

O vindeiro sábado, dia 14, Maghúa teremos un oco no programa LUME NA PALLEIRA.

Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares. Conducido por Emilio Españadero.

A dinámica do programa inclúe música en directo, entrevistas, presentacións de discos, información de concertos e festivais e, sempre que é posible, o contacto directo cos oíntes a través do teléfono e da internet.

Hora de emisión: de 16 a 18 horas.