12 ene. 2012

MAGHÚA NO PROGRAMA LUME NA PALLEIRA


Esta semana é a de Maghúa nos meios de comunicación.... Logo de sairmos no programa da TVG "A Solaina" o luns 9 e o mércores 11....

O vindeiro sábado, dia 14, Maghúa teremos un oco no programa LUME NA PALLEIRA.

Programa especializado na música folk e tradicional, principalmente a propia de Galicia pero con atención puntual ás propostas chegadas doutros lugares. Conducido por Emilio Españadero.

A dinámica do programa inclúe música en directo, entrevistas, presentacións de discos, información de concertos e festivais e, sempre que é posible, o contacto directo cos oíntes a través do teléfono e da internet.

Hora de emisión: de 16 a 18 horas.

No hay comentarios: