5 ene 2009


Maghúa cantareiros vén de gañar o sexto premio do Concurso de Cantares de Reices celebrado onte, 4 de xaneiro, en Boimorto.


Nesta quinta edición participaron vintedous grupos, moitos deles da comarca de Boimorto, terras onde a tradición dos cantares de Reis permanece aínda viva.


O concurso desenvolveuse na explanada do campo do Rosario, con gran participación de xente.


Dende aqui quero felicitar tamén ás rapazas de Tordoia polo terceiro premio. Noraboa.


Avante MAGHÚA!

No hay comentarios: