29 dic 2009

VI Certame Galego de Cantares de Reices en Boimorto, o 3 do I de 2010



O Concello de Boimorto promove por sexto ano consecutivo o certame Cantares de Reis o día 3 de Xaneiro de 2010.

Participantes: Cuadrillas (ata un máximo de 20 participantes) que se inscriban no Concello antes do 24 de Decembro de 2009.

Desenvolvemento: Comezará ás 16:30h e cada cuadrilla participante deberá interpretar un Cantar de Reis cunha duración que non sobrepase os 5 minutos.

Premios:
Primeiro premio: 1.000 €
Segundo premio: 500 €
Dous terceiros premios: 300 € cada un
Cuarto premio: 200 €
Quinto premio: 100 €

21 dic 2009

Mañá, 22 de decembro, botamos os Reis n'A Coruña


http://www.blogoteca.com/malmequer/index.php?cod=75974

Mañá Maghúa botamos os Reis no Forum Metropolitano, n'A Coruña.

- Cantar dos Reis de Barro de Arén (Cerdedo, Ponte Vedra), recollido aos veciños no Teleclube de Barro.

- Cantar de Reices de San Xosé (Orientais) de Santaia de Moar (Frades, A Coruña), do repertório de Ricardo Lagares (+)

O dia 26 cantamos os Reis en Cambados



@s amig@s da Asociación Volandeira de Cambados teñen organizado un Certame de Cantar de Reis para o vindeiro 26 de decembro. Terá lugar o vindeiro sábado às 19.30 h no Auditório de Cambados. Logo haberá serán!!!

Ali estaremos:

· MAGHÚA D´A CORUÑA
· XIRIFEIROS DE CARRIL
· ASOCIACIÓN CULTURAL NÓS DE SOBRADELO
· CARBALLEIRAS DE CAMBADOS
· ASOCIACIÓN VOLANDEIRA DE CAMBADOS

23 nov 2009

Magosto da Fuliada, Betanzos. 28 de novembro



@s amig@s da Asociación A Fuliada, de Betanzos, están a preparar con cariño o que será o seu Iº Magosto, para o dia 28 de novembro...

Música, castañas, viño, baile... Todo, no campo da Feira!

Aire!

26 oct 2009

O 7 de novembro, festa en Sada




Mentres Maghúa botamos o serán en Couso, @s amig@s da A.C. Queiroa, organizan a IIª Foliada en Sada. Apartir das 20.00, na Praza Suárez Picallo.

Haberá concurso de baile por parellas....

Xa sabedes, no caso de non andardes por Couso...

O 7 de novembro, Maghúa na Festa do Outono (Couso, A Estrada)



Apartir das 21.00 horas... Festa!

Maghúa estaremos neste encontro, en Couso (A Estrada), compartindo merenda e viño novo cos amigos...

Vide!!!

Estaremos MAGHÚA ,OS KE HAI, REGATO DE MATAMULLERES,
RETROUSO, VILARACHOS, PANDEIROMUS, PANDERETEIROS DE BRINCADEIRA,
XENTES DE MONDARIZ E PAZOS, BOUBA PANDERE...TEIRAS, ARDENTÍA e A PONTE VELLA.
Gran serán con boa música, bo baile, castañas asadas, cogumelos e todo mollado con viño novo. Festa a partir das 21:00h ata a mañanciña.

E para os festeiros que non queiran coller o coche despois da festa, poden QUEDAR A DURMIR na ESCOLA NOVA, o carón do Campo da Festa.

10 sept 2009

Maghúa en Cecebre e no Campo da Leña (A Coruña)


Maghúa estaremos os dias 18 e 19 deste mes de setembro en dous actos importantes:

- I FOLIADA DO VERÁN EN CECEBRE

Organizado por: Gaiteiros de Cecebre de Pedro Lamas
Onde: Baixos da CASA DA XUVENTUDE DE CECEBRE: cervexería O Rincón.
Cando: Venres, 18 de Setembro dende as 21:30 até as 6:00


- FESTIVAL DA LÍNGUA

Organizado por: CS Atreu!
Onde: Campo da Leña(A Coruña)
Cando: Sábado, 19 de Setembro dende as 17:00 até as 1:00
Haberá feira de produtos ecolóxicos, animación de rua, serán tradicional e concerto (A QUENLLA, FRACASADOS DE ANTEMANO, DIOS KE TE KREW...)


AVANTE, MAGHÚA!!!

E, agora que somos case asociación.... que se prepare o mundo...!!!

19 ago 2009

Aberto de Billarda e Ruada n'A Pontraga (Tordoia)


Logo de pasarmos un frio do quince tocando en Lardeiros, na Noite Folc d'O Pino; no encontro de Emigrantes celebrado na piscifactoria A Berxa en Mesia; e por Poulo...


...Maghúa estaremos no Aberto de Billarda e Ruada que organizan os amigos da Asociación Cultural Brisas do Quenllo na Pontraga (Tordoia), para este sábado 22 de agosto.

Programa:

17:00. Aberto de Billarda
- Contos con Celso Sanmartín
- Churrascada.

19:00 Ruada coa actuación de:
- Bailadores e Cantadores da Pontraga,
- Bouba Pandereteiras
- Maghúa
- Flor da Maquía
-...

23 jul 2009

MAGHÚA EN BERXA, MESIA, O 31 DE XULLO


Maghúa achegaremo-nos por Mesia o 31 de xullo para botar unhas cantadas na piscifactoria Berxa, apartir das 22.00 h.

Música e cea en boa compaña!


Avante, Maghúa!

7 jul 2009

O DOMINGO 12, EN POULO


Recuperados xa da inxesta de callos na Conrobla...

Este domingo participamos no festival que Camiño Real organiza en Poulo, Ordes.

Terá lugar apartir das 4 da tarde...

Fechamos o dito festival.

Vide!!!!

3 jun 2009

SEREMOS ASOCIACIÓN!!!!!



Desde o grupo Maghúa queremos facer-vos partícipes dunha nova que achamos importante...: SEREMOS ASOCIACIÓN!!

Suporá-nos mais traballo, se cabe, sobre todo de papeleo, porén de cara a termos unha proxección e mais posibilidades, virá-nos ben...


AVANTE, MAGHÚA!!!!!

7 may 2009

Manguelo Folc





Eis o cartaz do Manguelo.

Ali estaremos Maghúa, entre todos estes grupazos.... (vid infra, por info)

22 e 23 de maio en Orazo (A Estrada)

AIRE!

23 abr 2009

Maghúa

Este sábado, turné Melide - Ramirás



Maghúa participaremos no Iº Certame de cantos de taberna que se organiza en Melide, dentro do programa da V Foliada. Terá lugar o sábado 25.

Polo serán andaremos por Ramirás, en Ourense, na IIIª Noite de Fiadeiro que organizan Rebulir.

AIRE!!!!